Humidades e filtracións de auga

Contacte agora con nós e un dos nosos técnicos realizará un diagnóstico gratuíto e personalizado para o seu caso particular.
En ImperFreire contamos cun equipo técnico especializado no diagnóstico e solución de todo tipo de problemas de humidade e filtracións de auga.

impermeabilizacion-humidades.pngUnha vez detectada e analizada a causa do problema poderemos ofrecerlle a solución que mellor se adapte ao seu caso para garantizar que recupere un entorno seco, confortable e definitivamente libre de humidades. Todo este proceso realízase de xeito gratuíto e sen ningún compromiso pola súa parte.

Podemos garantizarlle unha solución definitiva aos problemas de humidade ou filtración de auga en fogares, comunidades de veciños, centros de traballo, garaxes, piscinas, muros, canalóns, naves industriais, sotos... en definitiva en calquera lugar onde a humidade sexa un problema.

 

impermeabilizacion-interior.jpg

Preguntas frecuentes

En que zona ofrece ImperFreire os seus servizos?
Realizamos impermeabilizacións en toda Galicia.

Para facer un diagnóstico é necesario que un técnico nos visite persoalmente?
Si. Aínda que en ocasións as causas dunha humidade poidan parecer evidentes a primeira vista é necesario asegurarse. A auga ten un comportamento moi particular cando se introduce nas estruturas arquitectónicas e a visita dun técnico especializado é o único xeito de garantizar un estudio completo e realmente fiable da situación. En ImperFreire garantizamos a solución completa e definitiva dos problemas de humidade e para poder ofrecer esta garantía necesitamos coñecer en profundidade o seu caso concreto. Un dos nosos técnicos desprazarase ao lugar do problema sen ningún custo para vostede.

O técnico que nos vai visitar explicaranos no momento que solución pode ter o noso problema?
Na maioría dos casos si, pero en ocasións pode ser preciso realizar probas adicionais. Estas probas non terán ningún custo para vostede e poden incluír toma de fotografías da zona afectada, recollida de mostras de mofo ou da parede deteriorada, medición de humidade en diversos puntos da estrutura, revisar o estado da cuberta e os canalóns... Ningunha das probas que poden ser necesarias produce desperfectos nin ningún tipo de marca visible. Nos casos en que algunha destas probas adicionais sexa necesaria o noso equipo técnico pode tardar un ou dous días como máximo en comunicarlle o resultado. Precisamos estar seguros ao 100% das características do seu problema para poder darlle unha solución realmente efectiva e garantizada.

En ningún caso terei que pagar nada polo estudio e diagnóstico?
Non. Vostede non pagará nada pola visita nin o diagnóstico. Realizamos un diagnóstico do seu problema totalmente gratuíto incluso se temos que realizar probas complementarias.

Canto tempo se tarda en facer o diagnóstico?
Depende de moitos factores como a complexidade do problema ou o tamaño da edificación. En termos xerais pode levar dende 20 minutos en casos moi claros ata unha hora ou hora e media se hai que facer unha revisión máis profunda.

E unha vez feito o estudo cal é o paso seguinte?
O noso técnico explicaralle cal é a solución máis axeitada para o seu caso e enviaralle inmediatamente os datos ao noso equipo de impermeabilización. Con estes datos realizaremos un orzamento personalizado para que saiba exactamente cal sería o prezo que podemos ofrecerlle para solucionar definitivamente o problema.

No orzamento aparece o prezo total que custaría a impermeabilización?
Os nosos orzamentos reflexan sempre todas as actuacións que son necesarias e o prezo definitivo. Non se atopará nunca con sorpresas, sobrecustos ou gastos que non estean incluídos.

E o orzamento... comprométeme a algo?
En absoluto. O orzamento que lle daremos non supón ningún tipo de compromiso pola súa parte. Ata o momento en que decida que quere que realicemos a impermeabilización non terá ningún gasto nin compromiso.

Todas as impermeabilizacións se realizan con Polibreal?
Non. Como pode ver na nosa web, en ImperFreire somos aplicadores homologados de Polibreal, pero aplicamos todo tipo de solucións impermeabilizantes. En cada caso utilizamos o sistema de impermeabilización máis axeitado para o seu problema particular. O feito de ser aplicadores homologados de Polibreal habilítanos para utilizar este sistema, para o cal é necesario ter personal especialmente habilitado, pero non excluímos ningunha outra opción. Sempre lle ofreceremos a opción que mellor se adapte ao seu caso para poder garantizarlle unha solución completa e definitiva.

E se teño algunha dúbida que non se resposta aquí?
Póñase en contacto con nós e con moito gusto resolveremos calquera duda ofrecéndolle todas as aclaracións que precise.
Pode contactar con nós telefonicamente ou por correo electrónico:

Telf. 673 375 796
info@imperfreire.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos