Líbrate dunha vez de humidades e filtracións

Disfruta dun espazo seco, confortable e libre de humidade cos nosos sistemas de impermeabilización: POLIBREAL e impermeabilizacións adaptadas.

Impermeabilización e POLIBREAL

Somos ImperFreire

Somos especialistas no diagnóstico e solución de todo tipo de humidades e filtracións de auga. Contamos cunha ampla experiencia solucionando problemas de humidade en fogares, centros de traballo, naves industriais…

ImperFreire está homologada para a distribución e aplicación do sistema de impermeabilización POLIBREAL, o único sistema líquido de aplicación quente co marcado CE.

Ademais deste, ofrecemos outros sistemas de impermeabilización en obra adaptándonos ás indicacións de cada proxecto ou aportando asesoramento e solucións para cada caso.

Diagnosticamos o problema e aplicamos a mellor solución

Somos especialistas en impermeabilizacións e traballos personalizados e adaptados ás túas necesidades.

Traballamos habitualmente con enxeñeiros, arquitectos e empresas de construción, tanto para pequenas intervencións como para a impermeabilización integral de grandes obras.

ImperFreire está homologada para a aplicación do sistema de impermeabilización POLIBREAL, que impermeabiliza e ten a capacidade de volver soldarse por si mesmo en caso de rotura.

Presentámoste os nosos traballos

Nunca máis humidades

Diagnosticamos os teus problemas de humidade e ofrecémoste unha solución personalizada. Contacta connosco e sen compromiso informámoste dos nosos traballos de impermeabilización ou sobre o Polibreal.