En ImperFreire somos especialistas no diagnóstico e solución de todo tipo de humidades e filtracións de auga. Contamos cunha ampla experiencia solucionando problemas de humidade en fogares, centros de traballo, naves industriais...
Chámenos e os nosos técnicos estudarán o seu caso particular para ofrecerlle a mellor solución. Diagnosticaremos a causa do problema e explicarémoslle as mellores alternativas para que volva disfrutar dun espazo seco, confortable e libre de humidade, sen ningún compromiso pola súa parte.
Traballamos habitualmente con enxeñeir@s, arquitect@s e empresas de construción, tanto para pequenas intervencións como para a impermeabilización integral de grandes obras. Ademais do sistema POLIBREAL, ofrecemos todo tipo de sistemas de impermeabilización en obra adaptándonos ás indicacións de cada proxecto ou aportando asesoramento e solucións para cada caso particular. Garantizamos persoal altamente cualificado, o prezo máis competitivo e o compromiso de adaptarnos aos requerimentos da súa obra e os seus prazos de execución.
ImperFreire está homologada para a distribución e aplicación do sistema de impermeabilización POLIBREAL. Este sistema aplícase en quente de forma líquida, de xeito que unha vez solidificado forma unha barreira elástica, sen xuntas nin soldaduras, que garante a estanqueidade da superficie impermeabilizada e que ten a capacidade de volver soldarse por si mesmo en caso de rotura. Pode obter más información sobre o POLIBREAL e as súas especificacións técnicas neste enlace.
Se precisa máis información non dude en contactar con nós.
Estaremos encantad@s de atendel@, diagnosticar os seus problemas de humidade e ofrecerlle unha solución personalizada.
Non dubide en contactar con nós ante calquera dúbida sobre o nosos traballos de impermeabilización ou sobre o Polibreal.
Dep. Comercial: 673 375 796
Dep. Técnico: 678 965 530
e-mail: info@imperfreire.com
Formulario de contacto